Viveiro congrega agrupacións de varios continentes na súa Mostra Folklórica

Artistas de África a Latinoamérica déronse cita na localidade.


Viveiro volveu facer o seu escaparate cara o mundo na Mostra Folklórica deste ano, que supuxo a 42ª edición deste encontro. Desta vez, a cita congregou a agrupacións de Guinea Bissau, Arxentina, Bolivia, México e Xeorxia: toda unha mostra cultural que culminou Gran Gala Internacional da Mostra Foklórica de Viveiro que acolleu a Praza Maior da localidade.

Alí estaba tamén a Deputada de Economía da Deputación Provincial de Lugo, Mayra García. A institución provincial colabora con esta cita tras dous anos sen poder celebrarse debido á pandemia da Covid-19. Este evento, subliñou a Deputada, “proxecta a Viveiro e á provincia de Lugo como un referente cultural, cun amplo recoñecemento internacional, xa que pertence ao CIOF (Consello Internacional de Organizacións de Festivais de Folklore e das Artes Tradicionais), integrado na ONU-Unesco”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here